Novo número de "Autóctonas Galegas"

Xa está dispoñible un novo número da nosa revista "Autóctonas Galegas". Este número fai un resume de actividades de todo o ano (ata o mes de novembro). Pódese consultar no seguinte enlace e tamén, no menú lateral. 
Con esta entrada pechamos o ano e aproveitamos para desexarvos a todos un Feliz 2020.

A Galiña de Mos estivo nas Feiras do Capón e do Galo de Curral.

A nosa raza estivo representada na Feira do Capón de Vilalba e na do Galo de Curral de Vila de Cruces coa participación dos criadores Francisco Monasterio e María José Castro respectivamente. 
Nas dúas feiras houbo diversas degustacións nas que colaboraron outros criadores nosos. 

Na Feira do Capón de Vilalba houbo unha demostración de cociña e degustación de produtos de razas autóctonas organizada por granxa Aeiroá, de Sandra López, coa súa foodtruck. O cociñeiro Oliver Fernández explicou o proceso de cociñado e as súas características.

En Vila de Cruces a degustación tamén foi moi concurrida, participando o criador e cociñeiro da nosa raza Santiago Caramés.



Este domingo imos de feira

Este domingo 22 de decembro celébranse as tradicionais Feiras do Capón de Vilalba e do Galo de Curral de Vila de Cruces. A grande maioría dos exemplares destas feiras obtéñense a partir de estirpes industriais de crecemento rápido, pero varios criadores de Avimós, participan con exemplares da nosa raza. Si queredes asistir buscade os exemplares da raza Galiña de Mos que están identificados cos precintos respectivos de galo (de cor vermella) e de capón (de cor azul).
As dúas feiras abrirase a partir das 10.30.

E no CEIP Canido de Ferrol outra experiencia de incubación.

No CEIP Cruceiro de Canido en Ferrol, houbo outra experiencia de incubación de ovos de galiñas da nosa raza, para alumnos de primaria. O día de nacemento tamén asistiron un galo e unha Galiña de Mos á aula facendo as delicias dos rapaces e rapazas. A implicación das profesoras foi de agradecer. 

No CEIP Virxe do Mar de Narón naceron poliños.

No CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón, naceron poliños da nosa raza o pasado 5 de decembro. Trala incubación feita 21 días antes, os ovos e poliños foron observados polos alumnos, que recibiron as nosas explicacións no día de nacemento coa asistencia ás súas aulas dun galo de dunha Galiña de Mos. A profesora Pilar Saavedra liderou a iniciativa, participando tamén Juan Carlos Puente, antigo criador da nosa raza e presidente do Clube do Can de Palleiro.

Os produtos da Galiña de Mos participaron nun curso de cociña.

O cociñeiro Jesús Villarino Gavín, membro da asociación de cociñeiros da mariña de Lugo, impartíu un curso no Centro de formación e experimentación agroforestal "Pedro Murias" en Ribadeo, baseado no cociñado de produtos de calidade. Fainos chegar estas deliciosas imaxes.
Tosta de allo negro, pan de trigo, peituga de Galo Mos ao curry e ovo de Galiña de Mos.
Musliño de Galo Mos sobre crema de castañas e redución de Pedro Ximénez.
Fabas de Lourenzá en crema de ourizos de mar con tacos de Galo Mos con sésamo tostado e mazá seca.

Remataron as Xornadas da Galiña de Mos na provincia de Lugo.

O ciclo de exaltacións gastronómicas da provincia de Lugo rematou coas xornadas sobre a nosa raza. participaron os restaurantes O ASADOR de BARREIROS, A LONXA de BURELA, RÍO LEA de  CASTRO RIBERAS DE LEA, CASA DAMIÁN de FOZ, O LAR de FOZ, XOYMA de FOZ, CASA GAIBOR de GUITIRIZ, CANEDO de LUGO, MANUEL MANUEL de LUGO, O CINCUENTA E SEIS de LUGO, OS CACHIVACHES de LUGO, PORTA SANTIAGO de LUGO, ABADÍA SAN SIMÓN de MONFORTE DE LEMOS, TAPERÍA CENTRO DO VIÑO de MONFORTE DE LEMOS, O RINCÓN de PALAS DE REI, A MIRANDILLA de RINLO-RIBADEO, EL OVIEDO de  RIBADEO, PARADOR DE RIBADEO, PARADOR DE VILALBA.

Xornadas Gastronómicas da Galiña de Mos na provincia de Lugo.

Durante todo este ano, véñense celebrando na provincia de Lugo unha serie de Exaltacións Gastronómicas, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) en colaboración coa Diputación de Lugo, con produtos de calidade galegos. Neste mes celebraranse as das carnes da raza Galiña de Mos, os Grelos de Galicia, a Pataca de Galicia e o Queixo de Tetilla. 
As xornadas celebraranse do 15 ao 24 de novembro nos seguintes restaurantes:

O ASADOR, BARREIROS
A LONXA, BURELA
RÍO LEA, CASTRO RIBERAS DE LEA
CASA DAMIÁN , FOZ
O LAR, FOZ
XOYMA, FOZ
CASA GAIBOR, GUITIRIZ
CANEDO, LUGO
MANUEL MANUEL, LUGO
O CINCUENTA E SEIS, LUGO
OS CACHIVACHES, LUGO
PORTA SANTIAGO, LUGO
ABADÍA SAN SIMÓN, MONFORTE DE LEMOS
TAPERÍA CENTRO DO VIÑO, MONFORTE DE LEMOS
O RINCÓN, PALAS DE REI
A MIRANDILLA, RINLO-RIBADEO
EL OVIEDO, RIBADEO
PARADOR DE RIBADEO, RIBADEO
PARADOR VILALBA, VILALBA

En dous colexios, de Narón e Ferrol, novas incubacións.


No CEIP Virxe do Mar de Narón e no CEIP Canido de Ferrol, comezou a incubación de sendos lotes de ovos de raza Galiña de Mos o día 13 de novembro. Os nenos xa están ansiosos esperando o nacemento...

Unha criadora asistíu a Etiqueta Negra.

Na feira Etiqueta Negra Gourmet, que se celebrou deo 9 ao 11 de novembro en Pontevedra, houbo presenza da nosa raza coa criadora Sandra López, de granxa Aeiroá.
Moitas actividades se desenvolveron incluíndo demostracións e degustacións.


No CPI Luis Díaz Moreno de Baralla viviron unha bonita experiencia.

No CPI Luis Díaz Moreno de Baralla, na provincia de Lugo, os alumnos asistiron ao nacemento de poliños da nosa raza e tamén, recibiron a visita dun galo e dunha Galiña de Mos, implicándose moito os alumnos e os profesores nesta actividade que durou tres semanas. Acompañounos a criadora Sandra López para contar as súas experiencias.





No colexio da Pobra de San Xiao naceron poliños.

O 7 de novembro os alumnos do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, no concello de Láncara, provincia de Lugo, asistiron ás nosas explicacións sobre o proceso de incubación dos ovos. A criadora Sandra López contou a súa experiencia, na crianza da nosa raza.


Gran éxito da ExpoDegustación da Galiña de Mos.


A ExpoDegustación da Galiña de Mos, que se celebrou en San Xiao de Mos, concello de Castro de Rei, o 27 de outubro, rexistrou outro éxito, xa que se esgotaron os 1.000 menús postos á venda.

Tamén se celebrou o Concurso-Exposición Comarcal da nosa raza, que se ven celebrando desde fai dez anos.
Resultou gañadora unha galiña de Beatriz Canto Edrosa e un galo de José Zapata Sánchez, ambos criadores do concello de Castro de Rei. As aves foron xulgadas por D. Cástor Rivero, Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, da Xunta de Galicia.