Xornada de exaltación do Galo Mos en Pontevedra.

A Asociación gastronómica "Vacaloura", celebrou o 22 de xuño a 2ª edición das Xornadas de Exaltación do Galo de Mos, no Bar-Restaurante Chincho II, en Lusquiños, Tomeza, no concello de Pontevedra. O produto foi proporcionado polo criador Augusto Fontám Garcia. A cociñeira Dª. Ana, foi galardonada co premio "Meiga Rebelde" pola súa taxectoria na cociña e polo seu bo labor.


Estivemos en Alfoz.

O 16 de xuño celebrouse a Feira do Trece en Carballido, no concello de Alfoz, provincia de Lugo. Alí estivemos cos nosos amigos do Porco Celta promocionando á Galiña de Mos.

No colexio A Magdalena das Pontes naceron poliños.

O pasado 15 de xuño no CEIP A Magdalena das Pontes de García Rodríguez, naceron poliños de Galiña de Mos. Os alumnos disfrutaron moito do momento e ademáis, achegamos un gallo e unha galiña á aula, ofrecéndolles unha charla divulgativa.



Cociñando un Galo Mos nun fogón tradicional.


Estivemos o pasado luns día 11 de xuño na Rectoral de San Mamede no concello da Baña, grazas ao GDR Terras de Compostela gravando para o programa Fogones Tradicionales do Canal Cocina, a elaboración dun Galo de Mos ao xeito tradicional. O galo pertencía a criadores de Val do Dubra e o programa aínda non ten data de emisión.

Tapirazas outro éxito.


Na Semana Verde volveuse a instalar o Tapirazas, o restaurante que pon a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA con produtos das nosas razas autóctonas. O Equipo do restaurante Andarúbel preparou durante os catros días de feira un suculento menú que se esgotou todos os días.

Houbo entre outros ovos rotos de Galiña de Mos con chourizo de Porco Celta e Galo Mos confitado.

Moitos contactos en Salimat.

No Salón da Alimentación do Atlantico, que se celebrou en Semana Verde, expuxeron producto da raza os criadores José Zapata, da granxa Chousa do Lea; Víctor Fontán, da Granxa de Lola; María José Castro, de Castro de Madrosende; Francisco Monasterio, da granxa Aves do Concello; Sandra López; da Granxa Aeiroá, Cruz Grille, a cooperativa Crugalo, David Sueiro avicultura artesanal e os criadores de Galiña de Mos e Cachena Ramón Vázquez, Gandería Tras do Río e Cachenas de San Breixo.  Realizaron moitos contactos comerciais para a venda de produto.

Ver fotos

Unha Semana Verde de récord

Foi unha feira Semana Verde con moitísimo público, moitos novos criadores interesados, visita de autoridades...
En xeral unha promoción excelente para a nosa raza.
A Continuación podemos ver unha imaxes...
O programa A Labranza fixo unha boa reportaxe (programa número 1483 de 17 de xuño) http://www.crtvg.es/tvg/programas/labranza

Resultados do V Campionato Galego da raza Galiña de Mos.

Récord de participación no V Campionato Galego da raza Galiña de Mos, con 27 criadores participantes.
Pódense descargar as fotos dos premiados e participantes desde o seguinte enlace: https://drive.google.com/drive/folders/1IO_sxjnqxnzYmtujJm6DtVml4KkV51bC
Os resultados foron os seguintes: 

Asistimos á presentación da campaña “Saborea una historia 100% nuestra”

Estivemos na presentación do proxecto “Saborea una historia 100% nuestra”, no Parador de Toledo. É unha iniciativa que consiste na promoción e introdución de produtos amparados polo Logotipo Raza Autóctona 100% nas cartas da rede de Paradores durante todo este mes de xuño, posibilitando seguir colaborando con Paradores no futuro para dar a coñecer os produtos das nosas razas autóctonas. 
Alí estivo a Galiña de Mos.




No IES Barcelos en Pontevedra, naceron poliños da nosa raza.

No colexio IES Barcelos, de Pontevedra, naceron poliños da raza Galiña de Mos o entre os días 31 de maio e 1 de xuño. Demos unha charla divulgativa sobre a nosa raza, contando coa participación do criador Jaime Veiga. Os alumnos viron en directo o nacemento de poliños e atenderon ilusionados ás explicacións.
O xornal Diario de Pontevedra publicou unha nova sobre este acontecemento que podemos ver aquí.



O mellor Galo do mundo.

O 28 de maio na televisión Galega apareceron varios dos nosos criadores, comercializadores e hostaleiros no programa "O mellor Galo do mundo". E coma non, con ese título o gran protagonista foron os produtos da raza Galiña de Mos.
Na seguinte enlace pódese ver o programa enteiro: 

Celebrada a Asemblea Xeral.

O pasado 25 de maio celebrouse no Pazo de Fontefiz a asemblea Xeral anual de Avimós. Coincidíu no día coas asembleas do resto de asociacións de razas gandeiras autóctonas galegas en perigo de extinción. 
Ao rematar celebrouse un xantar de confraternidade nas instalacións do Pazo, entre todos os gandeiros asistentes, podendo degustar produtos das nosas razas autóctonas, como empanada de Galo Mos.

Estivemos na Feira de San Isidro en Rois.

Na mostra de razas autóctonas que se celebrou en Rois, na provincia da Coruña, con motivo da Feira de San Isidro celebrada o 19 de maio, participouse cun posto de promoción da Galiña de Mos, desprazando tamén un galo e unha galiña.

A Galiña de Mos estivo en Teo.

O criador Rafael Carbajales Bouzón, da Granxa Eo Dos Menecos estivo o pasado 17 de maio na degustación de produtos galegos que se celebrou en Pontevea, no concello de Teo, promocionando os produtos de Galiña de Mos e publicitando a súa granxa.