Gran éxito da Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces

O domingo 21 celebrouse en Vila de Cruces unha nova edición da feira de nadal do Galo de Curral.
Ademáis dunha exposición de 150 galiñas de distintas razas, coordinada pola Federación Española de Avicultura (FESACOCUR), celebrouse o mercado de venda de galos, galiñas e pulardas, sendo as aves da nosa raza as maioritarias, agotándose case na súa totalidade.
Nunha carpa anexa celebrouse unha moi concurrida degustación de diferentes receitas co galo, preparadas por vinte restaurantes da comarca do Deza e do Salnés.
A cobertura mediática foi moi grande, saíndo en moitos dos telexornais, como o da galega, en cuatro, na sexta e telecinco, así como en moitos xornais.
Nestre enlace podemos ver a información do informativo de cuatro (levar o cursor ata o minuto 11).


Agotados en poucos minutos os capóns na feira de Vilalba.

O domingo 21 de decembro celebrouse unha nova edición da Feira do Capón de Vilalba. Este ano, dous dos nosos criadores, Francisco Monasterio e David Cristóbal, coa marca Aves do Concello, presentaron varios lotes de exemplares da nosa raza, sendo vendidos na súa totalidade en poucos minutos. Un gran éxito.

Os restaurantes Alborada (na Coruña) e Galileo (en Ourense) apostan pola nosa raza para esta noiteboa

O restaurante Galileo, en Ourense aposta por un menú a base de galo Mos para esta noiteboa, tal como podemos ver na foto que publicou o seu cociñeiro Flavio Morganti.

Tamén o restaurante Alborada, na Coruña propón para o seu menú a nosa pularda, neste caso da marca celta, dun dos nosos criadores, tal como vemos neste enlace do xornal La Voz de Galicia.

A granxa Castelo de Alcobre unha nova marca na crianza da Galiña de Mos

A granxa Castelo de Alcobre, en Vila de Cruces, preséntase na web cunha páxina onde nos informa das súas producións e da crianza coa nosa raza. No enlace podemos acceder a ela.

http://jsantosu1980.wix.com/castelo-de-alcobre#!el-gallo-de-mos-do-castelo/ch8j


Este domingo a Feira de Nadal do Galo de Curral

Este domingo celébrase en Vila de Cruces unha nova edición da Feira do Galo de Curral. Na feira comercializanse galos obtidos de estirpes industriais pero tamén, varios dos nosos criadores porán á venda exemplares da nosa raza autóctona Galiña de Mos.
Nesta edición haberá unha exposición avícola de aves ornamentais e tamén, 20 cociñeiros ofrecerán unha degustación gratuíta feita con galos da nosa raza, cociñados de diferentes maneiras.
Animámosvos a todos a asistir.

Os capóns da raza autóctona voltan á Feira do Capón de Vilalba

Este domingo celébrase a Feira do Capón de Vilalba e haberá unha gran novidade. A granxa de avicultura artesanal "Aves do Concello" na que se cría aves da raza Galiña de Mos, presentará varios lotes de exemplares de capóns feitos a partir da nosa raza.
Desde fai anos, os Capóns de Vilalba se fan a partir de cruces de galiñas industriais que acadan altos pesos en pouco tempo, aínda que en detrimento da súa calidade.
Grazas a esta iniciativa recúperase na crianza do Capón as aves da nosa raza, que tan demandadas eran fai décadas atrás.
Volven os capóns de antes.

Noraboa aos nosos criadores.

Agora que se achega o nadal regala...



O peluche da Galiña de Mos.

Fai uns días o xornal El Progreso de Lugo, publicou un artigo sobre Galileo Nenos,empresa que colaborou con nós en facer o peluche da Galiña de Mos.
Neste enlace podemos ver a súa entrevista.

Remataron outras Xornadas do Galo Mos

As xornadas do Galo Mos celebradas no restaurante Río Lea, en Castro de Riberas de Lea, remataron con outro grande éxito de público. O produto contou cunha gran aceptación. Noraboa aos organizadores.

O Galo Mos estivo na II Feira das Cervexas Artesanais de Galicia

No Pazo da Crega, no concello de Barro, Pontevedra, celebrouse o domingo 16 de novembro a BarroCervexaFest, a II Feira das Cervexas Artesanais de Galicia. 
A cociñeira e amiga Rocío Garrido do blog lacocinademiabuelo e autora do libro Cociñando coas razas autóctonas, fixo un showcooking no que cociñou galo Mos, con exemplares da granxa Mercamós, ubicada no mesmo concello de Barro.
O propietario da granxa Marcial, falou das características da crianza na súa granxa e do seu produto.

Xornadas gastronómicas do Galo Mos no Restaurante Río Lea

Un ano máis o restaurante Río Lea en Castro Riberas de Lea, concello de Castro de Rei, Lugo, organiza xunto coa granxa "Chousa do Lea" de onde proveñen os galos, unhas xornadas do "GALO da RAZA MOS" que se celebrarán do 14 de novembro ao 8 de decembro.
Unha interesante proposta que nos fan os organizadores para degustar este manxar. 

Desbordante éxito da Expo Degustación de San Xiao de Mos.

1.000 persoas asistiron á Exposición e Degustación que se celebrou na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo. Unha celebración que comezou fai anos grazas a catro entusiastas criadores da nosa raza e hoxe, está plenamente consolidada.
As previsións de asistencia foron batidas e foi un rotundo éxito. 
Organizouse unha exposición de aves vivas que contou coa participación de criadores da comarca da Terra Chá, entre outras actividades.
Degustáronse 200 galos da nosa raza en porcións e case mil ovos fritidos.
Grazas a todos.

O restaurante Pazo Canedo, en Ourense ofrece galo da nosa raza.


O xornal La Región, fíxolle unha entrevista a David Rodríguez, xerente do restaurante Pazo Canedo, en Ourense que xa ofrece galo Mos estofado. 
Outro restaurante que aposta polos produtos de calidade. Pódese ver a entrevista no seguinte enlace.

Expo Degustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos

O domingo 26 de outubro, a parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, celebra no campo da festa unha nova exposición e degustación sobre a nosa raza.  
Organizarán un ano máis, o grupo de veciños e criadores en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para preto de 1.000 comensais. 
Noutra carpa anexa haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós, así como outras actividades.
Animamos a todos a asistir.

No programa Aquí Galicia da TVG estivo a Galiña de Mos.

O programa Aquí Galicia da TVG do sábado 11 de outubro, emitido en directo desde a cidade de Lugo, contou coa presenza dun galo da nosa raza levado polo criador Francisco Monasterio. Tamén estivo o criador José Barreira, pero neste caso cun leitón de Porco Celta, raza que tamén cría. Podémolos ver no seguinte enlace a partir do minuto 01:04:30. Aquí Galicia do 11 de outubro.

Resultados do Concurso Provincial de Lugo

Con motivo de Expolugo 2014, organizouse o II Concurso Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos, organizado pola nosa asociación en colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo. Os resultados foron os seguintes:
Na categoría de galos:
Primero premio.-galo propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto.
Segundo premio.-galo propiedade de Javier Álvarez Cela, de Becerreá.
Terceiro premio.-galo propiedade de Francisco Monasterio Solveira de Vilalba.

Na categoría de galiñas:
Primero premio.-galiña propiedade de Luis Freire Castedo, de Pol.
Segundo premio.-galiña propiedade de José Zapata Sánchez, de Castro de Rei.
Terceiro premio.-Galiña propiedade de Alberto Fernández Fraga, de Outeiro de Rei

A Galiña de Mos participou no desfile de gando de San Froilán.

Un galo e unha galiña da nosa raza, participaron no desfile de gando de San Froilán, en Lugo o pasado día 4 de outubro. A partir das 11 da mañá desfilaron polas rúas do centro de Lugo, varios animais das nosas razas autóctonas, levando o criador Luis Friere, unha gaiola na que se podían ver os nosos exemplares, primeiro enriba dun tractor e despois presentando diante do concello de Lugo. Houbo moita xente que se achegou.