A Festa do Emigrante de Pol, contou coa Galiña de Mos.

A Festa do Emigrante celebrada o 24 de agosto en Mosteiro, no concello de Pol, provincia de Lugo, contou con degustación de Galo Mos, procedente das granxas Chousa do Lea e Aeiroá.
Imaxes de José Zapata Sánchez

A Galiña de Mos na Vuelta Ciclista a España.

Un ano máis os produtos da nosa raza estarán representados no posto da marca "E Para Comer Lugo".
En todas as saídas das etapas da Vuelta Ciclista a España haberá unha zona específica de promoción de produtos onde participa a Asociación de Empresarios da Hostalería da provincia de Lugo. Como en anos anteriores varios produtos de calidade galegos estarán representados e como non podía ser menos, aí estará a Galiña de Mos.

A nosa raza estivo en Piloño.

O 18 de agosto celebrouse en Piloño, no concello de Vila de Cruces, a feira do 21. Os criadores Alex Fiuza, José Ramón Cillero e David Santos, da granxa Castelo de Alcobre, participaron con exemplares de Galiña de Mos.

E outra feira máis


O 3 de agosto celebrouse a II Feira do Castro de Moldes, no concello de Boborás, provincia de Ourense. Alí estivo a criadora María Belén Maceda coas súas galiñas e información.