No colexio Ceip de Vite naceron poliños da nosa raza.

A principios do mes de xuño naceron no colexio CEIP de Vite, en Santiago de Compostela, varios poliños da raza Galiña de Mos. Durante 21 días incubáronse ovos, podendo seguir os alumnos a evolución xa que a incubadora estivo situada na biblioteca. O día do nacemento foi un gran acontecemento que podemos ver cun vídeo no blogue do colexió no seguinte enlace.

A Galiña de Mos estivo no Arde Lucus.

Na Festa Arde Lucus celebrada en Lugo fai uns días, o campamento castrexo dos Mercenarios Galaicos contou coa presenza da Galiña de Mos. Un lote de exemplares cedido polo criador Francisco Monasterio participou na representación do poboado celta que representaba os costumes daqueles tempos.

IX Monográfico da raza Galiña de Mos

No IX Concurso Monográfico da raza Galiña de Mos os resultados foron os seguintes:

Categoría de Galos
1º premio: Galo propiedade de Javier Riqueza Lois (Pontevedra)
2º premio: Galo propiedade de Alejandro Collazo Casal (Mos, Pontevedra)
3º premio: Galo propiedade de Cruz Lucía Grille Negreira (Tordoia, A Coruña)
Categoría de Galiñas
1º premio:  Galiña propiedade de Javier Álvarez Cela (Becerreá, Lugo)
2º premio:  Galiña propiedade de Augusto Fontán García (Pontevedra)

3º premio:  Galiña propiedade de José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo)

Os exemplares foron valorados polos xuíces da raza Diego Rois Losada e Juan Insua Louro.

Resultados do V Concurso por lotes de Galiña de Mos.

No Campionato Galego da raza Galiña de Mos celebrado na Semana Verde, no concurso por lotes os resultados foron os seguintes:

Os resultados foron os seguintes:
1º premio:          Lote propiedade de Mariña Grille Negreira (Val do Dubra, A Coruña)
2º premio:          Lote propiedade de Javier Álvarez Cela (Becerreá, Lugo)
3º premio:          Lote propiedade de Alejandro Collazo Casal (Mos, Pontevedra)

Os lotes foron valorados por D. Castor Rivero Martinez, Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

II Concurso a Galiña de Mos e os seus poliños.

Na Semana Verde volveuse a celebrar o concurso a Galiña de Mos e os seus poliños, onde 9 galiñas co lote de polos incubado dun xeito natural por elas mesmas e adornados os galiñeiros polos seus propietarios, participaron nun concurso no que se escolleron os tres primeiros premios mediante votación popular. Nunha furna de participación o público depositou as súas papeletas, sorteándose entre todos os participantes un lote de produtos da raza.
Resultou afortunado Carlos Paz Fernández, de Narón, ao que se lle fixo chegar o seu agasallo.

Os premiados foron:
1º premio:          Lote propiedade de Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo), con 112 puntos
2º premio:          Lote propiedade de Mari Luz Gómez Fernández (Ordes, A Coruña), con 99 puntos
3º premio:          Lote propiedade de Mariña Grille Negreira (Val do Dubra, Coruña), con 82 puntos

 A Conselleira do Medio Rural visitou o concurso.

Gran promoción dos produtos da Galiña de Mos en Salimat

No Salón da Alimentación do Atlántico que se celebrou na Semana Verde, 9 produtores da nosa raza presentaron os produtos da Galiña de Mos en postos e neveiras frigoríficas para promocionar as súas propias marcas. Establecéronse moitos contactos.
Foron as marcas seguintes:
-Aves do Concello.
-Chousa do Lea.
-Castro de Madrosende.
-Cooperativa Crugalo.
-Galo Celta.
-Granxa Cachenas de San Breixo.
-Gandería Tras do Río.
-A Granxa de Lola.
-Ramón Vázquez.

Noraboa a todos.

Os produtos da Galiña de Mos estiveron presentes en Tapirazas.

O restaurante Tapirazas, organizado pola Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, na feira Semana Verde, contou durante tres días cos produtos da Galiña de Mos. O interés foi espectacular xa que o menú se esgotou os catro días da feira. As preparacións foron feitas polo cociñeiro do restaurante Andarubel Fragas do Eume, Antonio Díaz, que elaborou un menú degustación composto por catro platos diarios. Nas imaxes vemos as preparacións coa nosa raza.
Pularda de raza Mos estufada.
 Ovos rotos de Galiña de Mos con patacas e labras de chacina. 
Galo Mos asado en tarteira

Espectacular éxito da Galiña de Mos na feira Semana Verde 2016.

Na 39ª edicición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia destacaron as nosas razas autóctonas. O pavillón de gandería encheuse de exemplares das diferentes razas ocupando un importante espazo a Galiña de Mos. Tres concursos sobre a raza, ademáis dun mercado de aves vivas no que participaron catro produtores, provocaron a ledicia dos visitantes.

3º Campionato Galego da raza Galiña de Mos.

Entre o 9 e o 12 de xuño celebrarase unha nova edición da Feira Semana Verde de Galicia, no recinto Feiral de Silleda (Pontevedra) na que a Galiña de Mos volverá a ser protagonista coa celebración do 3º Campionato Galego da raza.
Este certame estará dividido nos seguintes concursos:
-IX CONCURSO MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Na súa novena edición, o monográfico da raza valorará aos melores exemplares individualmente.

-5ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS – SEMANA VERDE 2016.
En lotes de tres galiñas e un galo, os mellores lotes de exemplares concursarán no campionato

-2º CONCURSO A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS.
Unha ducia de galiñas con poliños incubados por elas mesmas e nados nestes días, serán valoradas polo público, observando o lote de poliños coa súa nai, ademáis do deseño dos galiñeiros. 
Entre o público participante sortearase un lote de produtos da raza.

-No Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1) haberá de novo un espazo adicado ás razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con exposición e venda de produtos das razas, organizado pola Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA. Participarán varios produtores de Galiña de Mos coas súas propias marcas comerciais


-DEGUSTACIÓN NO RESTAURANTE TAPIRAZAS: Durante os catro días da feira haberá degustación de razas autóctonas a prezos populares, participando varios dos produtos da Galiña de Mos.

-Mercado de Aves Vivas: catro criadores ofertarán poliños de diferentes idades en venda para todo o público que desexe obter exemplares vivos da raza para levar aos seus galiñeiros.

ESPERÁMOSVOS A TODOS.

Criadores de Galiña de Mos visitaron o Pazo de Fontefiz

O pasado 27 de maio celebrouse a Asamblea anual de socios/criadores da Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMOS. Ao seu remate o Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia Cástor Rivero, ofreceulles aos asistientes unha visita guiada por parte das instalacións do Pazo de Fontefiz, vendo en especial a Unidade de Recuperación da Galiña de Mos, onde se conservan os lotes orixinarios que se atoparan fai quince anos, cando se iniciou o Programa de Recuperación da nosa raza.

A Galiña de Mos protagonista no xornal “A Peneira”


Un criador da nosa raza , Manuel Rodriguez “IVO”, fíxonos chegar unha entrevista que lle fixeron no mes de maio, no xornal “A Peneira” do Concello de Mos (Pontevedra).  Nesta entrevista fala da raza da Galiña de Mos, as súas características diferenciadas e orixe e tamén da súa experiencia como criador, de como se introduciu na cría desta raza de galiñas autóctonas e tamén das vantaxes e beneficios que lle reporta criar estas galiñas e do presente e potencial futuro da raza. Noraboa pola entrevista.