![](http://www.semanaverde.es/2016/images/cartel_semana_verde_2016.jpg)
Este certame estará dividido nos seguintes concursos:
-IX
CONCURSO MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Na súa novena edición, o monográfico da raza valorará aos melores exemplares individualmente.
-5ª
EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS – SEMANA VERDE 2016.
En lotes de tres galiñas e un galo, os mellores lotes de exemplares concursarán no campionato
-2º CONCURSO
A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS.
Unha ducia de galiñas con poliños incubados por elas mesmas e nados nestes días, serán valoradas polo público, observando o lote de poliños coa súa nai, ademáis do deseño dos galiñeiros.
Entre o público participante sortearase un lote de produtos da raza.
-No Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1) haberá de novo un espazo
adicado ás razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con exposición e venda
de produtos das razas, organizado pola Federación de razas autóctonas de
Galicia-BOAGA. Participarán varios produtores de Galiña de Mos coas súas propias marcas comerciais
-DEGUSTACIÓN NO RESTAURANTE TAPIRAZAS: Durante os catro días da feira haberá degustación de razas autóctonas a prezos populares, participando varios dos produtos da Galiña de Mos.
-Mercado de Aves Vivas: catro criadores ofertarán poliños de diferentes idades en venda para todo o público que desexe obter exemplares vivos da raza para levar aos seus galiñeiros.
ESPERÁMOSVOS A TODOS.