A Galiña de Mos protagonista no xornal “A Peneira”
Un criador da nosa
raza , Manuel Rodriguez “IVO”, fíxonos chegar unha entrevista que lle fixeron
no mes de maio, no xornal “A Peneira” do Concello de Mos (Pontevedra). Nesta entrevista fala da raza da Galiña de Mos,
as súas características diferenciadas e orixe e tamén da súa experiencia como
criador, de como se introduciu na cría desta raza de galiñas autóctonas e tamén
das vantaxes e beneficios que lle reporta criar estas galiñas e do presente e
potencial futuro da raza. Noraboa pola entrevista.