Expo Degustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos

O domingo 26 de outubro, a parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, celebra no campo da festa unha nova exposición e degustación sobre a nosa raza.  
Organizarán un ano máis, o grupo de veciños e criadores en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para preto de 1.000 comensais. 
Noutra carpa anexa haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós, así como outras actividades.
Animamos a todos a asistir.