Desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nos informan que a detección de focos de Influenza aviaria de alta patoxenicidade
en Países Baixos, Alemaña e Reino Unido e varios países máis, vinculados con toda probabilidade aos
movementos migratorios de aves silvestres, é un escenario no que cómpre
estremar as actuacións de prevención do contacto directo ou indirecto das aves
das explotacións con calquera tipo de ave silvestre así como incrementar a
vixilancia pasiva nas granxas, co fin de detectar coa máxima inmediatez posible
calquera síntoma compatible con esta enfermidade.
Unha das rutas desas aves migratorias cruza o centro de España e incluso, algunha podería pasar pegada ás nosas costas. Estaremos observando a evolución destas aves e da enfermidade, esperando que o noso país non se vexa afectado.