Actualización influenza aviara.

A Dirección Xeral de Gandaría, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ven de informarnos das novas medidas aplicadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación sobre a amenaza que temos da chegada da influenza aviaria, tendo en conta os brotes existentes en diversos países europeos. 

Declárase o estado de risco alto en diversas zonas especiais de risco de paso das aves migratorias, sendo en Galicia os seguintes Concellos: O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Cambados, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa.

As prohibicións específicas nestes concellos serán as seguintes:

Prohibida a cría de patos e gansos con outras especies de aves de curral. 

Prohibida a cría de aves de curral ao aire libre, a non ser que se establezan telas paxareiras ou calquera outro dispositivo que impida a entrada de aves silvestres, e sempre que se alimente ás aves no interior das instalacións ou nun refuxio que impida a chegada de aves silvestres e evite o contacto destas cos alimentos ou o auga destinados ás aves de curral. 

Prohibido dar auga ás aves de curral procedente de depósitos de auga aos que podan acceder aves silvestres. Tamén quedan prohibidas as concentracións, certames ou mostras de aves.