Éxito da Galiña de Mos na feira Expolugo.


A nosa raza foi unha das grandes protagonistas na feira Expolugo que se celebrou os días 8 e 9 de outubro e contou con varias actividades.


O sábado día 8 houbo un desfile de gando polas rúas do centro de Lugo que estiveron cheas de xente. Unha parella dun galo e unha galiña da nosa raza participaron neste desfile de razas autóctonas.

Celebrouse o IV Concurso Monográfico Provincial de Lugo cos seguintes resultados:
Na categoría de galos
1º Premio: galo propiedade de José Luis Freire Castedo, de Pol.
2º Premio: galo propiedade de Francisco Monasterio Solveira, de Vilalba.
3º Premio: galo propiedade de Carlos Pereira Fernández, de Becerreá.

Na categoría de galiñas:
1º Premio: galiña propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto.
2º Premio: galiña propiedade de Javier Álvarez Cela, de Becerreá.
3º Premio: galiña propiedade de José Luis Freire Castedo, de Pol.

Tamén houbo venda de exemplares por parte da criadora Sandra López, do concello de Láncara.
O criador José Zapata, da granxa Chousa do Lea, participou no mercado alimentario con exposición e venda de produtos.
Houbo unha exitosa degustación de produtos das razas autóctonas na que colaboraron os criadores das asociacións, promocionando a marca 100% Galiña de Mos e as outras das nosas autóctonas.