Do 12 ao 15 de xuño
deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde
de Galicia, no recinto Feiral de Silleda (Pontevedra).
Existen moitas actividades e varias novidades, xa que tras o parón do ano
pasado, volve o MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS, que xa vai pola súa sétima
edición.
As actividades que se realizarán serán as seguintes:
·
1º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE
MOS.
Este
campionato estará dividido en dous certames no que as nosas aves poderán
participar en concurso por lotes ou en concurso individual.
v
3ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE
GALIÑA DE MOS – SEMANA VERDE 2014 (os lotes serán de 3
galiñas e 1 galo).
v VII CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS.
·
No Salón da
Alimentación do Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1)
haberá un espazo adicado ás razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con
exposición e venda de produtos das razas, organizado pola Federación de razas
autóctonas de Galicia-BOAGA. A organización dispón de stands con neveira
frigoríficas para expoñer produto. Este espazo é ideal para facer a promoción
de cada marca individual. Si algún produtor está interesado, que se poña en
contacto coa asociación.
· DEGUSTACIÓN de razas autóctonas a prezos populares durante os catro días da feira no restaurante “TapiRazas”, no pavillón nº1.
· XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS. Nestas xornadas estarán incluídas varias ponencias sobre a nosa raza, incluíndose tamén a realización da asamblea da asociación. Estamos pendentes de pechar os detalles coa organización. Proximamente vos daremos máis información.
- MERCADO DE AVES VIVAS. A Fundación Semana Verde de Galicia comunícanos que calquera produtor ou marca comercial interesada en participar, deberá contratar directamente con eles, como o resto de marcas comerciais que participan na feira. Existe unha folla de solicitude de espazo que lle podemos proporcionar a todos os interesados.
Estamos ultimando os detalles de todo o programa coa organización. Proximamente poderemos dar máis información. Todas estas actividades son financiadas por: