Videoconferencia sobre a normativa de autorización do sacrificio na explotación de aves.

O pasado 10 de decembro saíu publicada no Boletín Oficial do Estado, unha normativa que levábamos agardando moito tempo, relacionada con permitir o sacrificio de aves na propia explotación EN DETERMINADAS CONDICIÓNS e para a venda local. Descargar normativa

Existen unha serie de requisitos para a futura autorización dos locais onde se vaia a producir este sacrificio, para aqueles que o soliciten.

A nosa idea é a de ir coordinando nos próximos días con Sanidade, a elaboración do procedemento, para os criadores de Galiña de Mos interesados.

O pasado mércores 30 de decembro, a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, invitou a todos os interesados a unha sesión por videoconferencia dividida en dúas partes, con especial interés na segunda charla, impartida por D. José Luís Factor Rodríguez, Xefe dos servizos veterinarios de saúde pública da zona de Lalín, da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, que falou sobre aspectos da normativa que se acaba de aprobar.

No seguinte enlace pódese ver o vídeo da videoconferencia. JOSÉ LUIS FACTOR 30 12 2020 ACVG - YouTube