VILADECRUCES APOSTA POLA GALIÑA DE MOS

O prestixioso galo de curral de Viladecruces é un galo criado ata cerca dun ano de idade que é comercializado posteriormente tras ser sometido a unhas condicións de crianza totalmente naturais. Ten unha historia de dúas décadas de antigüidade e nestas datas celébrase a festa do galo de curral desta localidade da comarca do Deza. Nos últimos anos este produto elaborábase a partir da crianza de galos de estirpes rubias, de procedencia estranxeira, que son a gran maioría das existentes na nosa terra pero debido a que os promotores desta iniciativa desexan a maior calidade para a súa produción, actualmente o Galo de Curral de Viladecruces, do que se comercializan durante todo o ano centos de unidades, estase a producir a partir da Galiña de Mos, combinando a xenética de alta calidade cun método de produción natural e artesanal, obtendo desta maneira a máxima calidade.
O 31 de maio celebrouse a XVI edición da Festa do Galo de Curral, organizando Avimós e a asociación de produtores do galo de curral de viladecruces unha fermosa exposición de Galiña de Mos. Tamén houbo degustación e venda de exemplares recibíndose nesta xornada festiva máis de 10.000 visitantes.