O 17 de maio, e co motivo da celebración do día
das Letras Galegas de 2016 en homenaxe ao poeta Manuel María, o concello de
Castrelo de Miño en Ourense, celebrou a presentación dunha mostra de produtos
etiquetados en Galego. A esta mostra na que participaron distintas marcas de
viños, mel, marmeladas , ovos e outros produtos, foi invitada a Asociación de
Avicultores de Raza Galiña de Mos-AVIMOS, expoñendo algún dos produtos da raza
etiquetados en Galego, así como diversa publicidade para facer promoción da
raza e das súas producións.
Na presentación participaron o alcalde
e a concelleira de Castrelo de Miño, así como Xosé González e Xosé Carballido pertencentes
á Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros-Irgade, e da que Avimós é membro
dende o ano 2013, por apoiar en campañas de divulgación na elaboración de
publicidade e etiquetaxe en galego dos produtos agroalimentarios e por fomentar
o consumo responsable, potenciando e publicitando os produtos derivados das
razas autóctonas galegas.
Esta mostra de produtos estará exposta cara o
público durante o verán, no Parque Náutico de Castrelo de Miño.