Do 6 ao 9 de xuño celébrase a Feira Internacional Semana Verde de Galicia. http://www.semanaverde.es/
Moitas actividades temos preparadas coas razas autóctonas e coa nosa raza celebrarase:
·
6º
CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS Este campeonato estará
dividido en tres certames no que os criadores de Avimós poderán participar coas
súas aves en concurso por lotes ou en concurso individual:
-
8ª
exposición e concurso por lotes de Galiña de Mos-Semana Verde 2019,
no que participarán varios criadores con exemplares de toda España. Os lotes
estarán formados de 3 galiñas e 1 galo.
-
XII
Concurso Monográfico da Galiña de Mos, onde se exponen os
mellores exemplares a nivel nacional.
-
5º
Concurso “A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS”, onde
participarán lotes de galiña cos seus poliños. Este concurso pretende
promocionar as galiñas da raza como nais para que o público poida observar a
cría dos poliños naturalmente e non en incubadora. Preténdese que o concurso
teña una proxección publicitaria máis que competitiva, polo que o público
asistente será o encargado de seleccionar co seu voto os mellores lotes.
- MERCADO
DE AVES VIVAS: existirá un mercado de aves vivas montado
un ano máis en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia. Poranse á
venda exemplares da raza Galiña de Mos no que participarán varios produtores da
Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos-Avimós.
- DEGUSTACIÓNS.
- PRESENTACIÓN DE MARCAS.
-VENDA DE PRODUTO...
e moito máis.