![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhZofPzqiz5VjF_A8GhneKQh_av6rdDCyCrgQDpAKeEtsYWAXSS5IAg8jPIGUid2x1DXJ7ufd4L1IYILtIy71aFlKJmCEA42MpyMdW7o6J-H0Z0gPLDZIwJaDMptfhLMvp5u5Uh/s1600/logo_semana_verde.jpg)
Do 7 ao 10
de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira
Internacional Semana Verde de Galicia,
no recinto Feiral de Silleda.
A Galiña de Mos contará con moitas actividades:
- 5º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Este
campionato estará dividido en tres certames no que as nosas aves poderán
participar en concurso por lotes ou en concurso individual.
v
7ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS –
SEMANA VERDE 2018
v
XI CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS.
v
5º Concurso “A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS”.
- No Salón da Alimentación do
Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1) haberá de novo un espazo adicado ás
razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con exposición e venda de
produtos das razas.
- DEGUSTACIÓN de razas autóctonas a prezos populares
durante os catro días da feira no restaurante “TapiRazas”, no pavillón nº1,
onde presentaremos degustacións con carnes e ovo da nosa raza.
- MERCADO DE AVES VIVAS con presenza de varios criadores que presentarán aves para a venda.
Máis información Semana Verde de Galicia