Un ano máis a Galiña de Mos estará en Fitur

O mércores 28 de xaneiro presentarase no stand de Turgalicia, na Feira Internacional do Turismo en Madrid, a Guía da Hostalería Lucense "E para comer Lugo" 2015. Nesta publicación que fala de turismo gastronómico, inclúense produtos de calidade e como non, aparece o Galo Mos.
Na presentación haberá representación de Avimós, aproveitándose para facer unha presentación dos produtos da raza diante de hosteleiros madrileños, grazas á invitación da Asociación de Empresarios da Hostelería de Lugo.