Os partidos políticos apoian iniciativas para favorecer a venda directa de aves.

Como sabedes, levamos anos negociando coas administracións o levantamento da prohibición existente en España da comercilización en venda directa de aves de curral sacrificadas na propia explotación no comercio local, tal coma se permite no resto da Unión Europea.
Son xa varios anos de intensas reunións para favorecer este tipo de comercialización permitida pola normativa europea pero non pola española, o que implica que os nosos pequenos produtores xoguen en inferioridade de condicións respecto aos do resto dos países veciños. Xa vos informamos en outras entradas sobre estas reunións.
Pois ben, parece que os partidos políticos están a favor desta iniciativa. O Partido Popular propuxo unha iniciativa no congreso en abril de 2014, o PSOE en setembro do mesmo ano presentou no congreso un Proxecto non de Ley para favorecer a venda directa de aves e coellos e o PP ven de presentar outro proxecto non de ley para levantar a prohibición da venda de aves sacrificadas na propia explotación.
Esperemos que agora sí, as administracións actúen en consecuencia e con sensatez.
Manterémosvos informados dos avances que se consigan.