O galo Mos na Vuelta Ciclista a España

Nas etapas galegas da "Vuelta Ciclista a España" os asistentes á  zona VIP, poden degustar galo da nosa raza, que está incluído na promoción que está a facer a Asociación de Hosteleros de Lugo no seu posto, con outros produtos de calidade galegos. Preparado pola empresa responsable do catering da volta ciclista, simplemente asado cun lixeiro adobo con allo e perexil, está a ter moito éxito.Especialmente os visitantes de fóra de Galicia interesáronse polo coñecemento das características do produto, repartíndose moitos trípticos publicitarios da raza. As imaxes que vemos son da saída en Ponteareas.