O Galo de Mos promocionarase durante as etapas da Volta Ciclista a España

As carnes dos galos da nosa raza serán protagonistas durante a Vuelta Ciclista a España, xa que a Asociación de empresarios da hostelería de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia e a marca "E para comer Lugo" terán nas saídas das etapas un posto de promoción dos produtos agroalimentarios con indicación de calidade, estando representada a nosa raza coa Ovella Galega e o Porco Celta.
Nas cinco etapas galegas con saída en Ponteareas, Cambados, Vilagarcía, Santiago e Palas de Rei haberá degustación do galo da raza Mos, cedidos por criadores da provincia de Lugo, xunto coas dos outros produtos de calidade.
Máis información: El Progreso, La Voz de Galicia.

Na presentación do acto estivo en representación dos consellos reguladores e das asociacións de criadores o Presidente de Avimós (esquerda).