![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiwHXu8jooZ44G9GKqruA7KvivTr7EFvizNtYAz-nVXox23SAS9ZpESbgkoF56AG1oe66_2hTLSwc-Plj7JFykIFIyrkxjUk5TfsMQXn5mRZE_7AKxbP8Wt1xSjcDUC5JKA9U5c/s200/20131222_112852.jpg)
Na
Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces (Pontevedra), celebrada o día 22 de decembro, vendéronse 200 exemplares de galos, galiñas e pulardas da raza Galiña de Mos, aínda que tamén se puxeron á venda galos rubios industriales de crecemento rápido.
Houbo unha degustación que ofreceron varios restaurantes da zona e tamén, unha exposición de aves vivas de razas de galiñas, organizada coa colaboración da Federación Española de Avicultura (Fesacocur).