![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgmOdv1gvHaSKgP4T9OJQlVlAnnKUofymtEcGKFVm3KBIz5hRmpc7Or4CRaancA-DbY7zfYfdJaximlgcHUqdM6paYCXkW5hOCJPrgZCMABQGBstTkdEcRAZOBPJtJQ-6-lKAkL/s1600/IMG-20140127-WA0004.jpg)
Invitados pola Deputación de Pontevedra ao seu stand, asistiron os criadores Nicolás e María José da granxa Castro de Madrosende e José Luis e Manolo, da granxa a Crista do Galo.
O cociñeiro Diego López, do restaurante La Molinera, de Lalín, presentou "Pularda de raza Mos en su jugo emulsionado con miniensalada", tendo unha excelente aceptación.
Tamén asistíu ao certame o criador David Sueiro, da granxa Galo Celta, que mantivo contactos co famoso cociñeiro Martín Berasategui, que segue a estar moi interesado na calidade dos produtos da nosa raza.
Noraboa a todos.