![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgOKRNV7wLBnhSHc1WpeiRTZ1OT3u_mUqHX0skJuAf6tsy7enycO8e25oGAyxBCFZQabcGCKEQ9XAa86QWkLwSsicPzvKTQb1nEUoknLUdPlQvcvOqpGz6mS587X1WD-UsEQVub/s200/Cartel_Feira_Nadal_2013.jpg)
Este domingo 22 de decembro, celébrase na localidade pontevedresa de Vila de Cruces a XIV Feira de Nadal do Galo de Curral. Organizada polo concello, poranse á venda galos rubios de tipo industrial de engorde rápido e tamén varias unidades de galos obtidos a partir da nosa raza autóctona galega, a Galiña de Mos. Tamén haberá degustacións que ofrecerán restaurantes da localidade.
Paralelamente a Federación Española de Avicultura, Fesacocur, organiza unha exposición de aves vivas de razas de galiñas españolas.