![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj2uxoMXwz3G_H1AT9R9a0EugT-LXUfJxFaPXtOMxlOohxKKYvOm4QAAf30RgsJsjsrAbfwUoDbBJUS0KjdmiIC-U3dvG21cL4omGlRw4DVtcBHt6pZwfHayhhy37cz1MKtJXZUgI9Qiv2ZKqN6sJv2Ayh08rCwrpxTCnZ2YuAYsEntuV8kTg/w93-h200/IMG-20220610-WA0005.jpg)
O 10 de xuño, os nenos e nenas de segundo, do CEIP A Magdalena das Pontes de García Rodríguez, asistiron a unha charla que impartimos o día de nacemento dos polos, tras poñer unha incubadora 21 días antes. Dez poliños romperon o cascarón para que os alumnos podan achegarse a observar en directo, unha bonita experiencia que nos brinda a natureza.