Gran éxito da Semana Verde de Galicia 2012

Rematou a Semana Verde de Galicia 2012, celebrada en Silleda (Pontevedra) do 14 ao 17 de xuño.
Visitada por 110.000 persoas, foi un gran escaparate para a promoción da nosa raza. Houbo moitas novidades, destacando a presentación das carnes das razas autóctonas en venda directa desde o produtor ao consumidor.
 A granxa artesanal Soutodeherville presentou unha venda de galos sacrificados con oito meses, que mostraron unha gran calidade e aceptación, interesándose polo produto cidadáns de diferentes partes do mundo. O seu propietario, Marcos Pichel, foi felicitado por todas as autoridades pola súa aposta.

O Conselleiro de Presidencia, D. Alfonso Rueda, a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Dª Rosa Quintana, cos Directores Xerais de Produción Agropecuaria e Desenvolvemento Rural, D. José Álvarez e D. Antonio Crespo, acompañados da alcaldesa de Silleda, Dª Paula Fernández, atenden ás explicacións de Marcos Pichel, propietario da granxa artesanal Soutodeherville. Marcos aparece acompañado de Carlos Durán, criador da raza de Ferrol.