A Televisión de Galicia falou da Finca Experimental da cooperativa Vicogalo, en Vila de Cruces

O programa labranza da Televisión de Galicia, fixo unha reportaxe sobre a Finca que ten en Merza (Vila de Cruces) o criador David Sueiro coa marca "Calimero". Pertence á cooperativa Vicogalo, creada recentemente.
Baixo a marca "Galo de Curral de Vila de Cruces" que leva funcionando máis de 20 anos, están a empregar a nosa raza autóctona para a crianza do seu produto baixo un protocolo de cría certificada. Nesta gravación pódese ver o sistema de cría que se emprega, cos peches e galiñeiros, para obter o produto final.
Este avance como moitos dos que se están a producir na comercialización, foi posible a partir do nacemento do Rexistro de Explotacións Avícolas Artesanais.
Pódese ver o vídeo no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-09-12-2012