Gran éxito da XIII Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces

Gran acollida dos primeiros exemplares de galos incluídos dentro da certificación de Cría Certificada Artesanal do Galo de Curral de Vila de Cruces, todos da nosa raza autóctona Galiña de Mos. A cooperativa Vicogalo fixo unha coidada presentación dos galos, dentro dunha bonita cesta de madeira. Tamén houbo venda de galiñas adultas e unha primeira selección de pulardas, que tiveron unha grande acollida. Todas as aves da raza vendéronse a bo prezo, exaltando os compradores a calidade do produto.
Paralelamente 16 restaurantes participaron nunha degustación, na que cada un presentou diferentes preparacións co galo que fixeron as delicias dos máis de 1000 asistentes. Os restaurantes participantes eran da zona do Deza pero tamén participaron outros de zonas como Santiago de Compostela, como o afamado Hostal dos Reis Católicos