Do 8 ao 11 de xuño deste
ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de
Galicia, no recinto Feiral de Silleda. As actividades
que se realizarán serán as seguintes:
--4º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Este
campionato estará dividido en tres certames no que as nosas aves poderán
participar en concurso por lotes ou en concurso individual.
-6ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS –
SEMANA VERDE 2016 (os lotes serán de 3 galiñas e 1 galo).
-X CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS.
-3º Concurso “A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS”.
--No Salón da Alimentación do
Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1) haberá de novo un espazo adicado ás
razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con exposición e venda de
produtos das razas, organizado pola Federación de razas autóctonas de
Galicia-BOAGA.
--DEGUSTACIÓN de razas autóctonas a prezos populares
durante os catro días da feira no restaurante “TapiRazas”, no pavillón nº1,
onde presentaremos degustacións con carnes e ovo da nosa raza.
--MERCADO DE AVES VIVAS. Existirá un mercado de aves vivas
organizado pola Fundación Semana Verde
de Galicia.