![](http://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2012/11/10/0012_201211D10C7F1jpg/Foto/D10C7F1.jpg&w=465px)
Este fin de semana impartíuse un curso de formación para varios criadores adheridos á marca Galo de Curral de Vila de Cruces. No curso dividido en dez horas teóricas e cinco prácticas, falouse sobre a raza Galiña de Mos, a súa historia, evolución, características cárnicas, así como as normas de avicultura artesanal e de crianza das aves. Incidíuse nos aspectos novidosos da crianza deste produto, en especial desde o cambio no plantexamento produtivo experimentado polos criadores da comarca do Deza e a agrupación que están facendo para a comercialización do produto a partir da raza autóctona. O curso foi organizado polo Concello de Vila de Cruces e o
GDR Terras do Deza, sendo financiado polo Ministerio de Agricultura, Älimentación y Medio Ambiente.
Máis información:
Xornadas de formación
Faro de Vigo.
Gallos de etiqueta.