Os circuitos curtos de comercialización fomentan o medio ambiente e a agricultura familiar


Os pasados dias 7, 8 e 9 de novembro, celebrouse o Congreso Desenvolvemento Rural e Leader horizonte 2014-202,organizado pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e que contou con máis de 250 asistentes, no Paraninfo da Facultade de Xeografia e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Neste Congreso falouse da importancia das unións de produtores, do asociacionismo de produtores. Estas unións de produtores acadan maior poder de compra dos insumos, maior poder para promoción e comercialización dos seus produtos e para lograr apertura de novos mercados. O mesmo tempo coa unión se minimizan os riscos da producción individual, se un produtor por circunstancias perde a producción do produto, sempre pode recurrir aos outros para non deixar desabastecido ao cliente. E por último se resaltou un beneficio importantísimo destas asociacións de produtores, a interloución coas distintas administracións. 
Valorouse ás cooperativas agroalimentarias como unha ferramenta para acadar en común, coa unión dos socios, o que o individualmente non seria posible ou resultaría máis costoso. 
Destacouse a importancia que teñen as marcas, tanto individuais coma colectivas, de calidade para poder actuar como impedimento de entrada de produtos foráneos. Con algúns produtos non se pode competir en prezo, pero sí en calidade. 
Incidíuse especialmente na importancia que teñen os circuitos curtos de comercialización. Os circuitos curtos son unha compra responsable, onde non hai intermediarios. Os circuitos curtos vincúlanse á produción familiar agraria e teñen moita importancia xa que son a mellor vía para a pequena agricultura familiar  e teñen un destacado beneficio ambiental, posto que os pequenos produtores son máis respetuosos coas boas prácticas. Os circuitos curtos vense favorecidos por mecanismos como o sistema de garantia participativa onde os consumidores comproban na mesma explotación que se fan as cousas ben.