Interesados na avicultura artesanal visitaron Vila de Cruces


O pasado fin de semana un grupo de granxeiros do concello de Meis (Pontevedra) interesados na produción como avicultura artesanal, visitou unha das granxas en Vila de Cruces onde se crían aves da nosa raza. Alí recibiron indicacións sobre o tipo de instalacións, a crianza coa Galiña de Mos e as condicións que teñen que cumprir para obter o produto final Galo de Curral de Vila de Cruces.