Degustación do Galo Mos en Melide, A Coruña


O venres 23 de novembro o restaurante Casa Quinzán, de Melide, na provincia da Coruña, organiza unha xornada de degustación do galo da nosa raza. Os galos son proporcionados pola  marca Sabores de Santiso, sendo criados nese concello do interior de Galicia ao aire libre, con alimentación natural e con moita ilusión e esmero. Será a partir das 20.30 horas no restaurante que está na Rúa do Convento nº 7, de Melide. Animamos a todos os interesados a disfrutar da calidade.