Gran éxito da III Expo-Degustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos


Na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, celebrouse a terceira edición da xornada de exaltación da raza.  A degustación estivo organizada pola Asociación de Veciños de San Xiao de Mos e o concello de Castro de Rei e nunha carpa para máis de 700 comensais, tres cociñeiras prepararán no mesmo lugar, as carnes das aves que criaron catro dos criadores da parroquia. As racións foron acompañadas de ovos fritos de Galiña de Mos. 

O menú foi un grande éxito esgotándose todas as racións, proba do grande interese que teñen cada vez máis os produtos da nosa raza.
Houbo unha exposición de aves vivas de varios criadores da comarca, na que colaborou avimos.

Os grandes artífices da xornada, os criadores José Manuel, Toño, Carlos, Pablo e as cociñeiras Carmen, Artina e Mar.