![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjegHCnODlPUN7aCBOrWA0IRNlZnzdXwYL0XRkSpPjtmHGNU1UNDEkD2PkFzVVyKGhlJltT2cLYUHgT8-PcBfCQ65TF9LR9qsnnfudndJ13YM6T2fOhXEAQaVtFekST1GIFYm2j/s200/DSC02004.JPG)
No campo da festa, ao carón da igrexa parroquial de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, vaise celebrar o domingo 28 de outubro a xornada de exaltación da raza, que se ven celebrando nos últimos tres anos.
A degustación está organizada pola Asociación de Veciños de San Xiao de Mos e nunha carpa para máis de 700 comensais,
tres cociñeiras prepararán no mesmo lugar, as carnes guisadas dos 200 galos e galiñas que criaron catro dos criadores da parroquia. As racións, irán acompañadas de ovos fritos de Galiña de Mos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjxLN-JxdPJd6ZjUSXP9_tijG2zNgxRUw2Ec7n-ERqlSm_8Ya3IqCdNbh9jTK1NUXk-gPVAPQXEEK9Wv_BWg5mV_yn3T9-yCeqdypVVEhD-QaBqIYwebxaib50FQXF4v7bOL4HY/s200/logo+concello+++avimos+(2).JPG)
Paralelamente, nunha carpa anexa, realizarase unha exposición comarcal de aves vivas da raza que está patrocinada polo Concello de Castro de Rei en colaboración con AVIMOS.
Animámosvos a todos a participar nesta xornada festiva.