Arrancan de novo as incubacións nos colexios.

 O Punto de Atención infantil do concello de Valdoviño, foi o lugar onde un ano despois, retomamos o noso programa de incubacións nos colexios, para achegarlle aos máis pequenos as características da nosa raza e a través dunha incubadora, observar o nacemento dos poliños. O día 19 de abril puxemos en marcha a incubadora. Que teñamos sorte!!




A Feira Semana Verde de Galicia trasládase a setembro.

A feria Abanca Semana Verde manténse en 2021, trasladando as súas datas para celebrar unha edición especial do 3 ao 5 de setembro. Desde a organización nos trasladan o seu interés en celebrar neste ano unha feira, en formato máis reducido e sempre, que as condicións sanitarias o permitan.
Manterémosvos informados.
Máis información aquí.

Asistimos a un encontro coa Deputación de Lugo.

A área de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Deputación de Lugo reuniu o 9 de abril, ás asociacións agrogandeiras máis importantes da provincia, ASOPORCEL – Asociación de criadores de raza porco celta; BOAGA – Federación de Razas Autóctonas de Galicia (onde se atopa integrada AVIMÓS), OVICA – Asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia e PURAGA – Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega,nun acto organizado no Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria (Muvicla)no Concello de Láncara, no que se fixo balance das iniciativas emprendidas conxuntamente durante o último ano para paliar o impacto da crise sanitaria no sector.
Alí estivemos intercambiando experiencias enriquecedoras para o rural galego.


Vídeo da Deputación de Lugo sobre as nosas razas autóctonas.

Presentámosvos un vídeo elaborado pola Fundación TIC da Deputación de Lugo, sobre as nosas razas autóctonas e o traballo da Federación Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA. Agrademos o apoio  Deputación de Lugo, que este ano debido a non poder realizarse a feira Expolugo, participou na promoción das razas autóctonas galegas e os seus produtos. A nosa raza é unha boa protagonista deste vídeo que vos vai a gustar.




Galo de Mos con mel.

 O Programa da Televisión de Galicia "Quen anda aí?" do 11 de marzo, contou coa presenza do cociñeiro André Arzúa, que cociñou unhas peitugas de Galo da nosa raza con Mel de Galicia. O galo foi proporcionado por granxa Pitagudín, de Vila de Cruces. Pódese ver a partir do minuto 33.20 no seguinte enlace: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-246-4865038?t=2800

20 aniversario de Avimós.

 O 12 de febreiro de 2001 fundouse a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-AVIMOS.

Parabéns a todos os que nalgún momento formamos parte desta gran familia.

Na seguinte enlace, pódese ver unha reportaxe do xornal El Progreso de Lugo, sobre a nosa asociación. Pulsar aquí

Gravación dun vídeo da Deputación de Lugo.

 O 14 de xaneiro asistimos á gravación dun vídeo da Fundación Tic, dependente da Deputación de Lugo, sobre as nosas razas autóctonas. A raza protagonista foi a Galiña de Mos, na granxa do criador José Zapata, de Chousa do Lea. Participaron tamén o Presidente de Avimós e Directivo da Federación de Razas Autóctonas de Galicia - BOAGA, Francisco Monasterio e tamén, o Director Técnico da nosa asociación, Diego Rois.





O ovo unha fonte de antioxidantes.

Sumadas a tantas bondades que teñen os ovos, que están cargados de moitos nutrientes esenciais para o noso corpo, tamén están cheos de antioxidantes, uns pigmentos de gran importancia para a saúde.

No seguinte artigo pódese ler máis sobre estes compostos e outros que tamén teñen os ovos.

avinews

Videoconferencia sobre a normativa de autorización do sacrificio na explotación de aves.

O pasado 10 de decembro saíu publicada no Boletín Oficial do Estado, unha normativa que levábamos agardando moito tempo, relacionada con permitir o sacrificio de aves na propia explotación EN DETERMINADAS CONDICIÓNS e para a venda local. Descargar normativa

Existen unha serie de requisitos para a futura autorización dos locais onde se vaia a producir este sacrificio, para aqueles que o soliciten.

A nosa idea é a de ir coordinando nos próximos días con Sanidade, a elaboración do procedemento, para os criadores de Galiña de Mos interesados.

O pasado mércores 30 de decembro, a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, invitou a todos os interesados a unha sesión por videoconferencia dividida en dúas partes, con especial interés na segunda charla, impartida por D. José Luís Factor Rodríguez, Xefe dos servizos veterinarios de saúde pública da zona de Lalín, da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, que falou sobre aspectos da normativa que se acaba de aprobar.

No seguinte enlace pódese ver o vídeo da videoconferencia. JOSÉ LUIS FACTOR 30 12 2020 ACVG - YouTube

Novo número de Autóctonas Galegas

Coma tódolos anos, por estas datas publicamos o número anual da revista “AUTÓCTONAS GALEGAS”. Nesta edición nº 13, hai dous interesantes artigos técnicos, o primeiro un resumo do aproveitamento de  baldíos para granxas avícolas artesanais e comercialización diferenciada; e coma o Ovo pode protexernos fronte á CoviD-19, o artigo fai unha revisión das cualidades dos ovos das galiñas, tendo en conta os diversos estudos existentes. Por último, tamén vai un resumo das poucas actividades que se pudieron celebrar neste ano tan atípico. A revista pódese consultar no seguinte enlace e tamén, no menú lateral dereito. 

Granxa Pitagudín en Cos pés na Terra.

Rubén Jordedo e a súa familia, da granxa Pitagudín de Vila de Cruces, saíron no programa Cos pés na terra, da Galega o pasado 21 de decembro. Rubén é criador de Galiña de Mos e tamén ten galiña Piñeira. No seguinte enlace pódese ver o programa. 


Na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar falouse da Galiña de Mos.

 na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar da Asociación Raíña Paraíso, falouse da Galiña de Mos. O criador Jose Zapata Sanchez, da granxa Chousa do Lea, faloulles aos asistentes sobre a raza, a súa crianza e os produtos da súa granxa. 


A Galiña de Mos de feira en Becerreá.

O pasado 12 de decembro, o noso criador Carlos Pereira, da granxa Pita das Chas, estivo na feira organizada en Becerreá, promocionando á raza e aos seus produtos.





O 12 de decembro hai feira.

A Galiña de Mos participará na Feira do 12 de Becerreá. Con exposición de animais vivos de Galiña de Mos. e venda dos produtos da raza, a granxa Pita das Chas, do criador Carlos Pereira, participará na feira comarcal e de produtos de proximidade, organizada pola asociación Rente Ao Couce e o Concello de Becerreá. Por fin comezan as nosas feiras a aparecer de novo.

Vídeo razas autóctonas.

 Queredes ver o novo anuncio das razas autóctonas da TVG? 



Actualización influenza aviara.

A Dirección Xeral de Gandaría, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ven de informarnos das novas medidas aplicadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación sobre a amenaza que temos da chegada da influenza aviaria, tendo en conta os brotes existentes en diversos países europeos. 

Declárase o estado de risco alto en diversas zonas especiais de risco de paso das aves migratorias, sendo en Galicia os seguintes Concellos: O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Cambados, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa.

As prohibicións específicas nestes concellos serán as seguintes:

Prohibida a cría de patos e gansos con outras especies de aves de curral. 

Prohibida a cría de aves de curral ao aire libre, a non ser que se establezan telas paxareiras ou calquera outro dispositivo que impida a entrada de aves silvestres, e sempre que se alimente ás aves no interior das instalacións ou nun refuxio que impida a chegada de aves silvestres e evite o contacto destas cos alimentos ou o auga destinados ás aves de curral. 

Prohibido dar auga ás aves de curral procedente de depósitos de auga aos que podan acceder aves silvestres. Tamén quedan prohibidas as concentracións, certames ou mostras de aves.


Influenza aviar en Europa.

Desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nos informan que a detección de focos de Influenza aviaria de alta patoxenicidade en Países Baixos, Alemaña e Reino Unido e varios países máis, vinculados con toda probabilidade aos movementos migratorios de aves silvestres, é un escenario no que cómpre estremar as actuacións de prevención do contacto directo ou indirecto das aves das explotacións con calquera tipo de ave silvestre así como incrementar a vixilancia pasiva nas granxas, co fin de detectar coa máxima inmediatez posible calquera síntoma compatible con esta enfermidade.

Unha das rutas desas aves migratorias cruza o centro de España e incluso, algunha podería pasar pegada ás nosas costas. Estaremos observando a evolución destas aves e da enfermidade, esperando que o noso país non se vexa afectado.

Unha das nosas criadoras recoñecida polo seu traballo.

O pasado dias 23 de outubro a nosa criadora Mari Luz Gómez de Granxa O Castiñeiro foi recoñecida por Fademur Galicia e a Deputación da Coruña polo seu traballo no noso rural. Xunto a outras tres mulleres recoñeceuse o seu labor con motivo do día Internacional da Mulleres Rurais. Con motivo do día Internacional das Mulleres Rurais tiveron un acto de recoñecemento catro mulleres: Julia, Iria, MaríLuz e María, que día a día fan do seu traballo no rural e polo rural un exemplo para todas. Recoñeceuse o labor pola súa aportación ao mundo da cultura, as artes e as letras ao Festiletras de Ponteceso. Recoñeceuse aos produtos artesáns, a través do taller Vacatola. Tamén tivo un recoñecemento polo seu compromiso coa Igualdade e o medio rural en María Cedrón, directora do Somos Agro de La Voz de Galicia e como non premiouse o bo facer no sector primario da Granxa O Castiñeiro de Mari Luz Gómez.

María Luz Gómez Fernández, de la Granxa o Castiñeiro, é unha emprendedora, gandeira de primeira xeración, que ten a súa explotación dividida entre os concellos de Ordes e Frades,na provincia da Coruña e sempre tivo claro que quería criar animais de razas autóctonas. Ten o seu domicilio familiar en O Piñeiro, Ordes onde cría Galiña de Mos, actividade coa que comezou e que leva desenvolvendo desde fai máis de doce anos, mantendo un curral con máis de 70 galiñas. A principal fonte de ingresos do seu traballo é a venda de ovos e de aves para consumo, e a través da incubación de ovos na propia granxa, fai a súa propia recría e, asimesmo, vende polos para novas granxas de Galiña de Mos. Tamén lle gustaron sempre as vacas Cachenas, polo que teñen na localidade de Brañas, Frades, un rebaño destas reses que oscila entre os trinta e medio centenar de exemplares. Como a maior parte das mulleres do  rural galego, compaxina o traballo na explotación co coidado da súa nai e dos seus sogros. 

Foi un recoñecemento ao papel esencial que fan as mulleres no noso rural. PARABÉNS!!!

No Forno de Tovar houbo Galiña de Mos.


No restaurante O Forno de Tovar, ubicado no Pazo de Tovar en Lourenzá, Lugo, os produtos da Galiña de Mos estiveron presentes, xunto a outro produto senlleiro da zona, A Faba de Lourenzá. O cociñeiro Jorge López (Vilelo), presentou un prato de Galiña de Mos con ovo da raza e Faba de Lourenzá. Foi un gran éxito pese a estar en datas tan complicadas. A afluencia de público foi moi destacada. Os produtos da raza foron proporcionados pola granxa Chousa do Lea.





 

Ñam ñam...

Que delicia de receita de Galo de Mos estufado moi lento e espinacas á crema de Silabario Gastronomía Podémolo atopar á carta e no seu menú degustación Raíces (a imaxe pertence ao facebook de Silabario Gastronomía)