Na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar falouse da Galiña de Mos.
A Galiña de Mos de feira en Becerreá.
O 12 de decembro hai feira.
Actualización influenza aviara.
A Dirección Xeral de Gandaría, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ven de informarnos das novas medidas aplicadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación sobre a amenaza que temos da chegada da influenza aviaria, tendo en conta os brotes existentes en diversos países europeos.
Declárase o estado de risco alto en diversas zonas especiais de risco de paso das aves migratorias, sendo en Galicia os seguintes Concellos: O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Cambados, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa.
As prohibicións específicas nestes concellos serán as seguintes:
Prohibida a cría de patos e gansos con outras especies de aves de curral.
Prohibida a cría de aves de curral ao aire libre, a non ser que se establezan telas paxareiras ou calquera outro dispositivo que impida a entrada de aves silvestres, e sempre que se alimente ás aves no interior das instalacións ou nun refuxio que impida a chegada de aves silvestres e evite o contacto destas cos alimentos ou o auga destinados ás aves de curral.
Prohibido dar auga ás aves de curral procedente de depósitos de auga aos que podan acceder aves silvestres. Tamén quedan prohibidas as concentracións, certames ou mostras de aves.
Influenza aviar en Europa.
Unha das rutas desas aves migratorias cruza o centro de España e incluso, algunha podería pasar pegada ás nosas costas. Estaremos observando a evolución destas aves e da enfermidade, esperando que o noso país non se vexa afectado.
Unha das nosas criadoras recoñecida polo seu traballo.
María Luz Gómez Fernández, de la Granxa o Castiñeiro, é unha emprendedora, gandeira de primeira xeración, que ten a súa explotación dividida entre os concellos de Ordes e Frades,na provincia da Coruña e sempre tivo claro que quería criar animais de razas autóctonas. Ten o seu domicilio familiar en O Piñeiro, Ordes onde cría Galiña de Mos, actividade coa que comezou e que leva desenvolvendo desde fai máis de doce anos, mantendo un curral con máis de 70 galiñas. A principal fonte de ingresos do seu traballo é a venda de ovos e de aves para consumo, e a través da incubación de ovos na propia granxa, fai a súa propia recría e, asimesmo, vende polos para novas granxas de Galiña de Mos. Tamén lle gustaron sempre as vacas Cachenas, polo que teñen na localidade de Brañas, Frades, un rebaño destas reses que oscila entre os trinta e medio centenar de exemplares. Como a maior parte das mulleres do rural galego, compaxina o traballo na explotación co coidado da súa nai e dos seus sogros.
Foi un recoñecemento ao papel esencial que fan as mulleres no noso rural. PARABÉNS!!!
No Forno de Tovar houbo Galiña de Mos.
![]() |
Ñam ñam...
A Galiña de Mos en "Cociñando a Mariña Lucense".
A nosa raza protagonista na publicacion do calendario escolar 2020-2021 do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
A Galiña de Mos na Illa de Ons.

Un video moi didáctico.
Qué bonito o vídeo feito por Iris Branco sobre a nosa raza. Ten unha canle en youtube para cativos con imaxes moi didácticas e que vos animamos a ver. Graciñas!!!! Ver aquí
Interesante entrevista.

Reivindicamos que se retome a normativa de sacrificio na explotación.
O 26 de xuño oTelexornal Serán da Galega recolleu a nosa proposta de que o Goberno de España, axilice a normativa de sacrificio nas explotacións de aves para a venda local, xa que España segue a ser o único país de Europa que non o permite, sendo moi perxudicados polo tanto, os nosos criadores, a hostalería e os consumidores. A gravación fíxose na tarde dese mesmo día participando o criador Jose Zapata Sanchez e o Director Técnico de Avimós Diego Rois. Ver aquíA Galiña de Mos en "Come a comarca"
No programa da TVG "Come a comarca", do 17 de xuño, saíu o galo da nosa raza. Aproveitando que os concursantes chegaban á comarca da Terra Chá, os cociñeiros do restaurante "Casa Gaibor" de Guitiriz, asistiron a preparar un suculento Galo. Tamén participou o criador Francisco Monasterio. Aquí podedes ver o progama.Que postre máis riiiiico.

Vídeo 3. Nacemento dos poliños.
Vídeo 2. Observación da fertilidade.
Videos sobre incubaccións de polos en colexios.
Suspéndese a feira SEMANA VERDE 2020 de Silleda
Campaña Mercaproximidade
Visto en internet... Un recoñecemento aos nosos gandeiros e agricultores.
Sin embargo, los granjeros no se han detenido. 👏 Todavía se están levantando para ordeñar las vacas 🐄, los cobertizos de corderos 🐑 están en pleno apogeo, el ganado 🐄 todavía se está alimentando, los cultivos están siendo labrados, sin embargo el CO2 ha bajado.
Tal vez la agricultura 🚜 no es tan mala como los medios de comunicación han estado divulgando.... tal vez el mundo 🌍 no va a terminar debido a nuestra ganadería 🐮🐷🐥🐑🐄 tal vez, solo tal vez, la agricultura 🚜 en realidad estará ahí para salvar a todos cuando este mundo 🌍 necesite alimentarse..... no necesitamos importar lo que aquí producimos! .... come local. Come fresco...
🌳🌳🌳🚜🐮🐷
👏🏻👏🏻👨🌾🧑🌾👏🏻👏🏻
En Ordes estivo a Galiña de Mos
O fin de semana do 7 e 8 de marzo a nosa raza estivo en Mesón do Vento, no concello de Ordes, na feira do Lacón con Grelos. Alí estiveron as criadoras Mari Luz Gómez e Cruz Grille.No Ceip Seixalbo naceron poliños.
O 6 de marzo os alumn@s do CEIP Seixalbo, en Ourense, viviron unha gran experiencia. Un lote de 12 poliños da nosa raza naceron na escola, trala posta en marcha da incubadora fai tres semanas. Asisitíu tamén un galo e unha galiña de Mos. Atopámonos a unhas profesoras moi implicadas cos nen@s. Foi un pracer!!!No colexio do Barqueiro naceron poliños
Xornadas Gastronómicas da nosa raza.
A Galiña de Mos estivo nas Pontes.
Os días 22 e 23 de febreiro estivemos na mostra de razas que se celebrou nas Pontes con motivo da Feira do Grelo. o fin de semana estivo moi animado e a carpa estivo chea de xente. Participaron os criadores do concello das Pontes, Michiel Meijer, Cynthia Arias e Iván Dobarro.Asistimos á entrega do premio Aresa.
O pasado 28 de febreiro asistimos á entrega do XX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, onde resultaron gañadores os nosos amigos de Asoporcel. Recolleu o premio o seu presidente, José Barreira que tamén é criador de Galiña de Mos. Foi un pracer acompañar a unha asociación que tamén traballa pola recuperación e promoción por outra das nosas razas autóctonas.




































