Campaña Mercaproximidade

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ven de lanzar a campaña “Mercaproximidade”, que é unha canle alternativa de comercialización creada pola Xunta e concibida para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor do peche da hostalaría e os mercados municipais durante a emerxencia sanitaria.
A Xunta fará promoción para poñer en contacto aos produtores coas grandes cadeas de distribución, as empresas dedicadas á subministración de colectividades ou as plataformas de venda online. A día de hoxe (16/04/2020) adheríronse, Lidl, Vegalsa-Eroski, Gadisa, Froiz, Carrefour, El Corte Inglés e Grupo Cuevas. 
Aqueles interesados tedes que enviar un correo electrónico a mercaproximidade@xunta.gal, indicando para tal efecto os vosos datos de contacto, concretamente un enderezo electrónico; os datos básicos da explotación e o tipo de producións que ofertades, indicando a raza ou razas. 
Existe un requisito fundamental para a inscrición, os interesados deberán facer constar nunha declaración responsable que un mínimo do 50 % dos seus ingresos proveñen da hostalaría e os mercados municipais, pechados na actualidade. 
 Achegámosvos un modelo de declaración que os interesados tedes que enviar ao correo sinalado cos datos e a declaración responsable: MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE.
A administración non intervirá nos prezos, iso será un acordo entre produtor e industria. 
Pinchando no seguinte enlace pódese ver un VÍDEO PROMOCIONAL DE MERCAPROXIMIDADE 
A normativa completa pódese consultar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200414/AnuncioG0426-130420-0001_gl.html