Un dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012,
recoñecidos galardóns cos que se distingue a produción editorial gastronómica, recaeu
no receitario Cociñando coas razas
autóctonas, premiado como mellor libro de cociña sostible de España. Este
premio dálle o pase á gran final internacional que se vai celebrar no Carrusel
do Louvre (París) no marco da Paris Cookbook Fair, do 22 ao 24 de febreiro.
Cociñando coas razas autóctonas
é unha publicación
da autoría de Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1977) editada pola Federación de
Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. Trátase do primeiro libro de cociña que inclúe receitas elaboradas
con carnes de todas as razas autóctonas
galegas en perigo de extinción:
Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega
e as bovinas Cachena, Caldelá,
Frieiresa, Limiá
e Vianesa. No receitario tamén
vén
o modo de preparación
de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos
produtos secundarios derivados das devanditas razas.
Tamén inclúe información sobre as nosas razas e fermosas imaxes. O libro é en galego.
UN GRAN REGALO PARA TODOS OS QUE NON O TEÑAN.
No enlace que vai a continuación poñemos os puntos de venda (ao final do blog)
Engádese desde estos días a venda en Vigo en "A Tenda do Avó"