A Galiña de Mos no plato

Nos últimos tempos están a xurdir iniciativas de criadores e restauradores que están a incluír nos seus menús as carnes dos produtos da raza. As carnes dos galos Mos presentan unhas características diferenciais que proximamente serán presentadas, tendo en conta os estudios de investigación que se están a facer.

Desde o mes de febreiro o restaurador Tomás da casa de comidas "Adega da tía Carmen" da parroquia de Louredo (Mos-Pontevedra) está a promomocionar no seu menú o galo e a pita da raza Galiña de Mos, obtendo unha impresionante acollida entre os clientes e comensales máis esixentes que recoñeceron a altisima calidade do produto. Os exemplares que se poden consumir proceden das granxas dos criadores Manuel Rodríguez (Ivo) e Miguel Verde.

Noraboa a todas as partes pola inicitaiva.
Foto: Manuel Rodríguez Alonso