A Galiña de Mos na Feira de Abril de Val do Dubra


O pasado fin de semana 2 e 3 de abril celebrouse no concello de Val do Dubra, provincia da Coruña, a Expofeira Ecolóxica, Multisectorial e de Razas Autóctonas, que se celebrou no recinto feiral de Bembibre da capital municipal. Alí estivemos coa Galiña de Mos, nunha exposición organizada polo grupo de criadores de Val Do Dubra. Visitou a Expofeira o director xeral de Producción Agropecuaria da Xunta de Galicia, José Álvarez Robledo, quien destacou que as feiras e mercados «forman parte inseparable da cultura e a tradición do noso mundo rural». Loubou á nosa raza e ao resto das autóctonas, destacando a calidade dos produtos das nosas razas.