O proxecto ANATOLE (Atlantic Network’s abilites for tows to organise local economy), desenvólvese baixo o lema Unha aposta pola competitividade e calidade dos nosos mercados para o desenvolvemento da economía de proximidade. Promovido pola Asociación de Cámaras Agrarias do Arco Atlántico, é unha iniciativa transnacional para promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe intercultural, a formación e a conformación de redes no ámbito do desenvolvemento de mercados de proximidade para o sector primario. En Galicia, o promotor institucional do proxecto é a concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, o operador técnico a asociación ADTERRA, e o territorio de incidencia é o correspondente ao GDR 24 Terras de Compostela, do Programa LEADER.
• Promocionar a produción local dos territorios rurais periféricos a Santiago, co fin de favorecer a súa comercialización e consumo nos mercados de proximidade.
• Establecer un modelo innovador na organización da economía de proximidade que favoreza un desenvolvemento urbano-rural sustentable, con capacidade de transferencia e aplicación noutros territorios.
• Crear unha rede europea de intercambio de experiencias e creación de novos modelos de organización para unha economía de proximidade con dimensión atlántica.
Neste proxecto estamos a participar activamente, liderados polo Grupo de Criadores de Galiña de Mos do Concello de Val do Dubra, pertencentes a este territorio limítrofe con Santiago de Compostela. Coincidíuse en que o papel dos Concellos era moi importante xa que, a través dos concellos, mediante a normativa de Hixiene Sanitaria, se pode permitir, con certas limitacións, a venda de productos sen rexistro sanitario.
Neste punto, prodeceuse a explicar polo miúdo a experiencia Vasca e como, mediante a organización dos actores (dos productores) e a demanda dos consumidores dos productos locais se conseguiu crear unha rede de venda de productos locais.
Rematadas tódalas exposicións doutras zonas e intentouse na mesa redonda sacar uns puntos de partida para poder concretar o que é producto de proximidade.
O producto de proximidade debe atender ós seguintes criterios ou especificacións:
- Área de Compostela (composterra)
- Producto que tradicionalmente se vende en Compostela
- Producto que tradicionalmente se compra en Compostela
- Tradición gastronómica
- Identidade gastronómica
- Consumo socialmente responsable
- Producto sostible, cuns parámetros de sostibilidade próximos ós ecolóxicos.
- Esixencia de Calidade segundo sexa o producto, pero que se poida identificar cuns criterios ademáis de calidade.
Para poder considerar un producto de proximidade ademáis apostouse por ser esixentes á hora da calidade do producto, un tipo determinado de cultivo, certos parámetros dese cultivo, previamente establecidos para cada un.
Neste punto abordáronse básicamente 3 aspectos:
- Ecolóxico , non necesariamente recoñecido, senon que con conñecemento de boas prácticas
- Tradicionalmente de consumo en Compostela ou de producción na proximidade
- Non industrializado, entendendo por tal, como sistemas que non deterioran o producto artesán. Producto que non sufre un proceso agresivo para a súa producción, e que podemos en todo caso considerar como artesán.
Finalmente, tentouse na reunión definir o ámbito xeográfico do producto de proximidade, chegando a conclusión de que ten que ser un producto GALEGO.
Definición de produto de proximidade recollida por Miguel Vila:
Produto procedente da producción familiar, non intensiva.
Produto tradicional, de variedades tradicionais
Producido baixo criterios de sostibilidade e próximos ao ecolóxico
Nun ámbito definido
E con criterios de transparencia.
(Fotos e texto: Criadores de Galiña de Mos de Val do Dubra, Concello de Santiago e GDR Terras de Compostela).