Por outra banda os criadores de Galiña de Mos de Val do Dubra estarán presentes na VII Expofeira Ecolóxica, Multisectorial e de Razas Autóctonas, que traerá os próximos días 2 e 3 de abril ao pavillón de Bembibre (Val do Dubra) un foro conformado por medio centenar de stands entre os que se divulgará desde a arte de criar bonsáis ata a elaboración de caipiriñas, fabricación de instrumentos musicais ou a agricultura verde. Ademáis, nesta ocasión está previsto un campeonato de arrastre de peso con tres parexas de bois. (fonte: el correo gallego). Alí estará tamén a Galiña de Mos con outras das nosas razas autóctonas.