A Galiña de Mos de feira en Vigo

O pasado día 6 de marzo os criadores Marcos Pichel, de Mos e Ángel Pavón, de Ourense foron invitados polo CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo para participar na VII edición da Feira de Artesáns que se celebra todos os meses no Paseo de Alfonso XII en Vigo. Acudiron ao evento cunha representación de animais do seu criadeiro que fixeron a ledicia de nenos e maiores abraiados polo fermosos e gran porte dos exemplares. Nesta cita, que quixeron que fora especial, levaron con eles unha obra da pintora Nuria Vilanova a cal aceptou o reto de empregar como materia prima para a súa pintura ovo de Galiña de Mos. O resultado podédelo ver e durante a Feira, despertou a curiosidade do numeroso público. Fonte: http://soutodeherville09.blogaliza.org/




A próxima feira será o primeiro domingo do mes de abril.