Estivemos presentes coa raza Mos, un galo e tres galiñas, que formaron parte dunha exposición de razas avícolas de toda España, estando invitados no stand da Federación Española de Avicultura-FESACOCUR, repartindo moitos trípticos informativos da nosa raza, interesándose moito polas bondades da raza diversos profesionais e público en xeral. Celebrouse en Zaragoza do 15 ao 18 de marzo.
Estivemos na Fima Ganadera
Estivemos presentes coa raza Mos, un galo e tres galiñas, que formaron parte dunha exposición de razas avícolas de toda España, estando invitados no stand da Federación Española de Avicultura-FESACOCUR, repartindo moitos trípticos informativos da nosa raza, interesándose moito polas bondades da raza diversos profesionais e público en xeral. Celebrouse en Zaragoza do 15 ao 18 de marzo.
A Galiña de Mos de feira en Vigo
AGADER presenta o Camiño dos sabores de Galicia na feira Turexpo
El Escarabajo Verde:TVE
http://www.rtve.es/television/20110302/escarabajo-verde-paisaje-plato/412778.shtml
En el programa participa también el inatigable defensor de las razas vascas y españolas Mariano Gómez, abanderado en España del movimiento Slow food, interesante iniciativa de la que os animamos a conocer más en el enlace: http://slowfood.es/
Enhorabuena a Mariano y a Miguel por su entusiasmo.
Modificación de web dun criador
Animamos a todos os criadores que estean na web a que no lo comuniquen para facer promoción das súas páxinas.
Expo degustación en San Xiao de Mos
II Exposición e Degustación da Galiña de Mos
1º monográfico da Galiña de Mos en Castropol


VII Exposición Internacional de Avicultura de Castropol
Neste certame organizado polo concello de Castropol e pola asociación de amigos de la avicultura artesanal "La Pinina" vaise celebrar un monográfico da Galiña de Mos no que xa se inscribiron máis de 130 exemplares da raza.
Na web de "La Pinina" e buscando en "noticias", e pinchando en "generalidades" tedes información sobre a exposición.
IV Concurso Monográfico da Galiña de Mos
Como en anos anteriores fíxose no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, con motivo da celebración da feira EXPOLUGO 2010. Ao certame acudiron 25 criadores da raza que presentaron cada un entre tres e catro exemplares dunha boa calidade, especialmente na categoría de galiñas, onde as valoracións finais estiveron especialmente igualadas.
Leváronse varias galiñas cos seus poliños que fixeron as delicias do público, especialmente dos mais pequenos.
Os gañadores foron, na categoría de Galos:
1º premio-galo propiedade de Alejandro Collazo, de Mos, Pontevedra.
2º premio-galo propiedade de Filomena Varela, de Outeiro de Rei, Lugo.
3º premio - galo propiedade de Álvaro Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
Na categoría de galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Miguel Verde, de Mos, Pontevedra.
2º premio-galiña propiedade de Mariña Grille, de Val do Dubra, A Coruña.
3º premio-galiña propiedade de Sara González, de Xermade, Lugo.
Nova páxina web dun criador de Galiña de Mos
Animamos a todos os criadores que teñan iniciativas tan interesantes que no lo comuniquen.
Poñemos un enlace permanente á súa páxina no menú lateral en páxinas web de criadores.

Foto: Soutodeherville
IV Concurso Monográfico da Galiña de Mos
Como en anos anteriores farase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, con motivo da celebración da feira EXPOLUGO 2010.
Esperámosvos.
A Galiña de Mos admitida no proxecto Catata 2

A Galiña de Mos foi admitida dentro deste programa, no que tamén se promocionarán principalmente o queixo, o mel, a castaña e as aves de curral criadas tradicionalmente.
Desde Agader, solicitan que todos os criadores de Galiña de Mos que estedes interesados en ceder os vosos datos para campañas publicitarias, que no lo fagades saber. A finalidade é que Agader poda proporcionar os datos dos criadores de cara a restaurantes, ou outros interesados, en comprar os produtos da nosa raza.
Este proxecto tamén contempla outro tipo de promoción como é as posibles visitas ás granxas, museos, etc. Si estades interesados nestas outras actividades vos podedes informar nesa páxina web, onde existen outros documentos de solicitude específicos.
Máis de 100.000 persoas na Semana Verde de Galicia
1º premio-galo propiedade de Álvaro Rodríguez Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
2º premio-galo propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo.
3º premio-galo propiedade de Carlos Durán Vázquez, de Ferrol, A Coruña.
Na categoría de Galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo.
2º premio-galiña propiedade de Manuel Rodríguez Alonso, de Mos, Pontevedra.
3º premio-galiña propiedade de Miguel Verde Martínez, de Mos, Pontevedra.
7.000 persoas na Feira do Galo de Curral de Viladecruces
(foto de El Faro de Vigo)
1ª Exposición e Mercado da Galiña de Mos - SEMANA VERDE 2010






