Este ano
as xornadas técnicas que se celebrarán con motivo da Feira Internacional de Galicia Semana Verde 2015, serán moi importantes e interesantes estando centradas
no ovo principalmente, xa que se falará das normativas existentes para a
comercialización dos ovos, as guías para a creación de centros de embalaxe de
ovos de Galiña de Mos e formación para os manipuladores.
Tamén se darán
resultados dos estudos de investigación feitos sobre o ovo da nosa raza fronte
ás poñedoras industriais. Por outra banda farase a presentación e explicación
de funcionamento da nova marca recentemente aprobada polas
administracións 100% Raza Autóctona Galiña de Mos.
As Xornadas celebraranse no stand de Boaga, no pavillón de gandería.