A Galiña de Mos é primeira raza de galiñas de España en ser recoñecida para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona.

A Galiña de Mos é a primeira raza de galiñas de España en recibir a autorización por parte das administracións, para o emprego do logotipo oficial 100% Raza Autóctona. 
O logotipo 100% Raza Autóctona, posto en marcha polo Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente, nace co obxectivo de ofrecerlles aos consumidores a identificación dos produtos das nosas razas autóctonas, dándolle a máxima información ao consumidor.  
O logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos, funcionará coma unha marca de calidade á que se poderan acoller unha serie de operadores entre os que están ademáis dos produtores, os locais onde se venden os produtos da raza e os restaurantes onde se poden consumir.
Na Semana Verde presentarase este selo, habendo información para todos os interesados ademáis de degustacións de produtos.
Nota de prensa: Faro de Vigo,  La Voz de Galicia