A Galiña de Mos destacou na Semana Verde

Fai uns días rematou a feira Semana Verde 2015.
Celebrada no Recinto Feiral de Silleda, a Galiña de Mos destacou importantemente polo número de animales presentados e polas moitas actividades que se fixeron arredor da nosa raza.

Entre as moitas actividades que se fixeron destacou:

No pavillón número 1 do recinto feiral, celebrouse o Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT, onde houbo 7 produtores de Galiña de Mos que participaron no espazo para as razas autóctonas denominado "De Nós para Vós", con exposición e venda dos produtos da raza e presentación das marcas e granxas dos nosos produtores.
Os produtores de Galiña de Mos que participaron foron:
-Gandería Tras do Río, de Ortigueira, A Coruña.
-Granxa Aves do Concello, de Vilalba, Lugo.
-Granxa Chousa do Lea, de Castro de Rei, Lugo.
-Jorgue Anguez, de Triacastela, Lugo.
-Ramón Vázquez, de Monforte de Lemos, Lugo.
-Galo Celta, de Vila de Cruces, Pontevedra.
-Granxa Castro de Madrosende, de Vila de Cruces, Pontevedra.

 No restaurante TapiRazas, propiedade da Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga), fixéronse durante todos os días desgustación das nosas razas autóctonas. Os pratos foron cociñados polo noso colaborador o cociñeiro Antonio Díaz, do restaurante Andarubel, de Pontedeume. Os menús agotáronse todos os días, tendo un éxito rotundo.

 O xoves 11 de xuño fíxose unha presentación con degustación da nova marca "Raza Autóctona 100% Galiña de Mos", á que asistiron ademais de representantes da administración, hosteleiros especializados. Xunto con productos da raza Ovella Galega e Cabra Galega, Antonio Díaz e o seu equipo prepararon entre outros "ovo de Galiña de Mos a baixa temperatura"

O pavillón de gandería do recinto feiral, encheuse de razas autóctonas, destacando o ruido que facían os nosos galos e galiñas participantes no II Campionato Galego da raza Galiña de Mos. Participaron 22 criadores das provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra. Este campionato dividiuse nos seguintes concursos e premiados:

No VIII CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS os resultados foron:
Na categoría de galos:
1º PREMIO: galo pertencente a Cruz Lucía Grille Negreira, de Tordoia, A Coruña.
2º PREMIO: galo pertencente a Álvaro Rodríguez Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
3º PREMIO: galo pertencente a Javier Riqueza Lois de Pontevedra.

Na categoría de galiñas:
1º PREMIO: galiña pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo.
2º PREMIO: galiña pertencente a Lourdes Mulet Abeledo, de Lalín, Pontevedra.

3º PREMIO: galiña pertencente a Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.


Na 4ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES SEMANA VERDE 2015, sendo valorados os lotes por D. Cástor Rivero Martínez, Director do Centro de Recursos Zooxnéticos de Galicia os resultados foron os seguintes:

1ºPREMIO: lote pertencente a Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.
2º PREMIO: lote pertencente a Cruz Lucía Grille Negreira, de Tordoia, A Coruña.

3º PREMIO: lote pertencente a Alejandro Collazo Casal, de Mos, Pontevedra.

 Tamén se realizou un novidoso concurso denominado A Galiña de Mos e os seus poliños. Participaron 10 galiñas da raza con poliños nados  por incubación natural, podendo o público votar nunha furna habilitada tras cubrir un cupón de votación. 
Houbo galiñeiros máis e menos preparados e elaborados escollendo o público os seguintes resultados:

1º PREMIO: Lote  propiedade de José Zapata Sánchez, de Castro de Rei, Lugo, con 99 puntos.
2º PREMIO: Lote propiedade de José Zapata Sánchez, de Castro de Rei, Lugo, con 91 puntos. 
3ª PREMIO: Lote propiedade de José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo, con 65 puntos.
 Entre todos os participantes na votación popular fíxose un sorteo de agasallos da nosa raza,  resultando premiada Tatiana Borrajo González, do Carballiño (omitimos o seu enderezo e teléfono por motivo de protección de datos persoais).  

Nas Xornadas Técnicas de Razas Autóctonas celebradas no stand de Boaga, houbo o sábado e domingo diversas charlas sobre a Galiña de Mos.
D. Daniel Franco Ruiz, Investigador do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia falou dos resultados do estudo denominado Efecto da produción e calidade do ovo da Raza Galiña de Mos fronte á estirpe industrial, nun sistema de produción artesanal con distintos sistemas de alimentación. Caracterización da canal e da carne do desvelle. Análise de resultados. Posteriormente o veterinario da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (BOAGA) e Director Técnico de AVIMÓS, D. Diego Rois Losada, explicou as características da nova marca na charla denominada Logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos: somos de raza. 
O domingo falouse sobre a Aplicación da Guía para a instalación de pequenos Centros de Embalaxe de ovos da raza Galiña de Mos, procedentes de granxas inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais e pola tarde fíxose a asamblea anual de socios.