A Galiña de Mos participou en Xantar

O 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, celebrado en Ourense entre o 4 e o 8 de marzo, contou coa presenza da Galiña de Mos. Nun stand da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, atendimos a todos os interesados nos produtos da Galiña de Mos.
Tamén o venres, fíxose un showcooking impartido polo cociñeiro Carlos Parra, onde se falou amplamente dos produtos da Galiña de Mos, empregándose galo e ovos principalmente para a súa elaboración. Foron uns días de intensos contactos.