A Galiña de Mos estivo no Fórum Gastronómico da Coruña

Do 15 ao 17 de marzo celebrouse na Coruña o Fórum Gastronómico, o congreso de gastronomía que se celebra alternamente entre Galicia e Cataluña. Neste certame houbo participación de produtos de Galiña de Mos, xa que a cooperativa Vicogalo presentou un posto no stand das cooperativas galegas, promocionándose tamén varios dos produtos na degustación que fixeron os produtores das cooperativas. Esta degustación estivo impartida polo afamado cociñeiro Flavio Morgantti.

Tamén na elección do cociñeiro do ano de Galicia 2015, foi finalista a cociñeira María Varela, da casa A Parada das Bestas en Palas de Rei, que preparou unha peituga de galo de curral da raza Mos.

 E tamén o restaurante Bocanegra, da cidade da Coruña, ofertou durante os días que durou o congreso, empanada de pularda da nosa raza, tendo un gran éxito.